martes, 20 de diciembre de 2016

Terraferma, a película ( por 5ºB)


A película trata do maltrato aos emigrantes nalgúns países. Reflexa a importancia de non abandonar a ninguén pola cor da pel.
Non hai que ter medo a nada se o que estamos facendo é o correcto.
A película gustounos porque é certo que todos somos iguais. (Antía, Marco, Erea, Xela)

Esta película trata dunha illa na que vive unha familia con poucos recursos que só vive da pesca. Un día que ían pescar atoparon a uns refuxiados e alóxanos na súa casa para que non os atopen, enfrontándose ás leis do seu pobo.
(Raúl, Lía, Gadea)

A atención e a axuda aos refuxiados que se ve nesta película parécenos ben porque todos somos humanos e merecemos unha boa vida e respecto.
(Ana, César, Lucía A, Matías)

Terraferma é unha película que nos gustou moito. O que menos nos gustou foi o final e o que máis nos gustou foi cando o tío de Filippo levou a todos no seu barco e saltaron todos ao mesmo tempo.
(Alejandra, Cloe, Iago)

Esta película trata sobre os valores da solidaridade hacia os refuxiados porque algúns tíñanno e outros non. En xeral, a película está moi ben polos valores, dificultades e argumento. O único que pode non gustar son as escenas de abandonos e o final aberto.
(Aldara, Lucas, Noelia, Teo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario